Comarca de Pontevedra

GALERÍA 📸 Cheo absoluto na verbena de San Xoán de Poio

A sesión nocturna foi a gran sorpresa deste sábado nas festas de San Xoán, porque, se ben as actuacións de Panorama en Poio xa teñen reunido a grandes cantidades de público noutras ocasións, nesta convocatoria superáronse as expectativas cun cheo absoluto. Fontes de Protección Civil e da Policía Local non deron precisado a cifra de asistentes, pero si indicaron que se contaban por miles

O público amosouse entregado ao cen por cen ao elenco de Panorama, quen saíu á escea ás 00.30 horas e ofreceu unha sesión contínua de tres horas. Froito da gran concentración de público nas primeiras ringleiras, producíronse algunhas intervencións sanitarias, un total de seis, segundo Protección Civil, das que dúas foron desmaios, outra, unha indisposición etílica e o resto, cortes de pequena consideración.

Comentarios