Comarca de Pontevedra

Espeto ecolóxico para degustar en Viascón

A Casa do Pobo de Viascón acolleu este domingo a quinta edición da Festa Gastronómica do Becerro Ecolóxico ao Espeto, unha cita que congregou a unha gran cantidad de comensais ao longo de toda a xornada.

O menú, composto de carne con patatas, bebida, pan e rosca, tiña un prezo de 15 euros e convenceu aos participantes.

Á cita non faltaron personalidades políticas como o presidente da xestora de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, ou o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

Comentarios