Comarca de Pontevedra

Ponte Caldelas réndese ao Entroido de Verán

O Entroido en Ponte Caldelas deu un xiro de 180 grados cando o ano pasado o Concello optou por trasladar a celebración ao verán. A decisión, en vista do éxito acadado no que a participación se refire, non puido resultar máis existosa. Ao igual que sucedeu en 2017, a edición de onte congregou a un gran número de amantes dos disfraces. Os cálculos dos dirixentes municipais falan de máis dun milleiro de asistentes, chegados de toda a bisbarra pontevedresa.

Aínda que o desfile non deu comezo ata pasadas as 21.00 horas, o ambiente carnavalesco podíase sentir desde moito antes. O pistoletazo deuse no Paseo da Calzada, onde se congregaron comparsas, participantes e moitos curiosos.  Unha das novidades resultoun a introdución da categoría das drag queen que protagonizaron unha espectacular actuación xusto antes da verbena no palco da Alameda. Asemade, Ponte Caldelas introduce unha nova categoría co premio ao mellor disfrace entre o público, no que hay 75 euros en xogo.

O alcalde, Andrés Díaz, resaltou en varias ocasións o orgullo do Goberno local pola decisión de dar vida ao Entroido de Verán. Unha das súas principales vantaxes é que, a diferencia do que ocorre en inverno, as condicións meteorolóxicas acompañan.

Comentarios