Cultura

Ángel Marcos expón 'Arquitecturas para sobrevivir' na Fundación RAC

A sede da Fundación RAC en Pontevedra acolle, dende este sábado, a exposición Arquitecturas para sobrevivir, de Ángel Marcos (Medina del Campo, Valladolid, 1955). O fotógrafo mostrará no espazo do coleccionista Carlos Rosón, que nesta ocasión tamén exerce de comisario, unha das súas últimas series de imaxes. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 15 de xullo. Visitas: 986842950. FOTOS: JOSÉ LUIZ OBUIÑA

Comentarios