Cultura

Os Melidaos póñenlle música á primavera en Pontevedra

O grupo de gaiteiros de Melide, Os Melidaos, protagonizou este xoves o Concerto de primavera do Campus Universitario de Pontevedra, que por primeira vez, grazas a un convenio de colaboración co Concello, se celebrou na Praza da Ferrería. Na actuación, que se desenvolveu baixo o lema Clásicos da terra, actuaron tamén os 38 integrantes da Aula de Música Tradicional do Campus, que dirixe Suso Vaamonde e na que hai zanfonas, acordeóns e percusión, entre outros instrumentos.

FOTOS: DAVID FREIRE

Comentarios