Cultura

Poderoso Galegote

O festival de música en galego de Pontevedra pecha tres días de actuacións cunha xornada maratoniana de directos de 12.00 a 00.00 horas. Berto, Grampoder, Eladio y los Seres Queridos, Zeltia Irevire e Moucho protagonizaron os concertos do sábado. "Vexo as barras dos bares cheas de xente e vexo ao público gozando dos concertos de pé e cunha cervexa ou o que sexa na man. Non ten nada que ver con ver á xente sentada e separada", di Marcos Rivas

Comentarios