lunes. 08.03.2021 |
El tiempo
lunes. 08.03.2021
El tiempo
Galerías

Itineranta préndese lume

Cun espectáculo de percusión e pirotecnia, marcado polo ruído, pola luz e pola calor, rematou este venres o X Festival Internacional de Animación de Rúa de Pontevedra.

Foi na Praza da Ferrería. Así, prendéndose lume, clausurouse Itineranta 2019. O ano que vén, punto e á parte. "O ano que vén xa se verá", como di Serxio Rodríguez, de Troula, a agrupación que se encarga da coordinación do evento, que para este aniversario decidiu volver traer á cidade os dez mellores espectáculos da programación dende que se puxo en marcha. Cunha excepción, precisamente a que lle poñía a guinda ao festival: o novo espectáculo de Deabru Beltzak, Symfeuny.

ç