Pontevedra

EN IMÁGENES. Kull d’Sac y Troula brillan en A Ferrería

POR SARA VILA. Xa é Feira Franca. Anunciouno este venres un grupo de pregoeiros a cabalo que percorreu as rúas máis céntricas da cidade. A festa ,que celebra este sábado un día grande que prevé ser de récord no seu XX aniversario, comezou xa na noite deste venres cun grande espectáculo na Praza da Ferraría, como vén sendo habitual.

O evento recompilou os números máis relevantes dos últimos dez anos. E é que as compañías encargadas da realización do ‘show’, Kull d’Sac e Troula, cumprían unha década á fronte da representación que tradicionalmente inaugura a Feira Franca.

Ambos aniversarios -a XX edición da feira e os dez anos de espectáculo inaugural- son o motivo polo que o espectáculo nocturno deste venres recordou os seus mellores momentos. "Queríamos hacer un repaso especial para recordar todas las anteriores ediciones", explicaba onte Raúl Gago, director artístico da compañía valenciana Kull d’Sac.

O show inaugural desta Feira Franca fixo alusión aos temas que se trataron na feira ao longo de anteriores edicións. Por unha parte, houbo números no que o elemento principal foi a música e o baile, pero tamén tivo un papel especial o firmamento e a astronomía, asunto ao que se lle adicou unha edición da festa. Fíxose referencia tamén aos seres mitolóxicos e o bestiario típico do século XV, como o mito de Teucro e a serea, e tamén se recreou unha carabela para recordar que o século XV foi o dos descubrimentos.

Comentarios