viernes. 23.04.2021 |
El tiempo
viernes. 23.04.2021
El tiempo
Pontevedra

A senda fluvial do río Lérez estrea pasarelas

A senda fluvial do río Lérez vén de estrear pasarelas de madeira despois de que a empresa Repoboacións e Desbroces do Noroeste (Redenor) rematase uns traballos de restauración integral nos que a Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural investiu 24.437 euros.

Os traballos, que incluíron a retirada de arborado seco, permitiron "deixar como novas" as pasarelas elevadas situadas na rúa Holanda e no primeiro treito do sendeiro, que discorre entre a avenida de Bos Aires e a estación de captación e bombeo de Monte Porreiro.

ç