Sábado. 17.11.2018 |
El tiempo
Sábado. 17.11.2018
El tiempo
PONTEVEDRA

A chuvia desloce a 'Ponteandada'

Unhas 200 persoas participaron este domingo nunha nova ruta de Ponteandadas, o circuito de camiñadas ao aire libre que propón a Concellería de Deportes xunto a Naturgaliza Club. O circuito saía do CEIP Cabanas de Salcedo e percorreu boa parte da parroquia ata o Lago Castiñeiras. A chuvia desluciu a ruta de sendeirismo mais, segundo a organización, houbo unha participación bastante elevada de camiñantes a pesar do mal tempo.

«Una parte do percorrido coincide coa ruta Salcedo no tempo», explicaron os organizadores. O obxectivo desta actividade é «que a xente coñeza as parroquias de Pontevedra e se relacione con outras persoas», tal e como explicou un dos coordinadores do proxecto. Do mesmo xeito, os organizadores deseñan rutas que transcorren na súa meirande parte por camiños, evitando as estradas asfaltadas, e teñen unha dificultade media para adaptalas a todos os públicos. O percorrido do domingo, por exemplo, tiña 14,6 quilómetros.

As vindeiras rutas serán os días 9 de setembro, 7 de outubro e 4 de novembro. A primeira delas sairá do Foxo do Lobo ata Bora. A segunda percorrerá a Serra da Fracha e a Canicouva e ten unha dificultade media. A última ruta, cunha dificultade baixa, partirá da Illa das Esculturas para percorrer a senda do Lérez ata a parroquia de Bora cunha distancia de 11,5 quilómetros.

Para inscribirse é preciso pagar dous euros por cada unha das andainas a través dunha transferencia bancaria. A inscrición nas actividades pode realizarse a través do correo electrónico [email protected] ou no número de teléfono 625 482 636.

[FOTOS: GONZALO GARCÍA]