sábado. 25.01.2020 |
El tiempo
sábado. 25.01.2020
El tiempo
PONTEVEDRA

O feminismo pontevedrés, con Chile: "El violador eres tú"

Texto: SARA VILA
Fotos: JAVIER CERVERA

"La culpa no era mía, ni dónde estaba ni cómo vestía. El violador eres tú". Os versos virais que resoan xa por toda América Latina, por Europa e o resto do mundo chegaron este venres a Pontevedra da man de diferentes agrupacións feminitas que quixeron amosar o seu apoio á causa das mulleres chilenas reproducindo a performance de Las Tesis no centro neurálxico da cidade, na Praza da Peregrina.

"Queremos amosar o noso apoio ás mulleres chilenas porque somos conscientes de que por ser brancas e europeas temos certos privilexios que non existen en países do Sur, por iso representamos esta coreografía respectando a letra orixinal en castelán, tal e como a escribiron elas", explicaba este venres unha das promotoras da iniciativa, Catarina Cosque. Segundo explicou a moza, a idea xurdiu entre participantes na batucada feminista de Pontevedra e a ela uníronselle arredor dun cento de mulleres de diferentes colectivos que venres escenificaron a performance.

"El patriarcado es un juez que nos juzga por nacer, y nuestro castigo es la violencia que ya ves. Es feminicidio, impunidad para mi asesino, es la desaparición, es la violación", din os versos compostos polo colectivo chileno Lastesis para protestar contra a violencia machista no seu país e que se converteron xa nun himno a nivel mundial. 

A representación en Pontevedra chega despois dunha semana na que as noticias de violencia contra as mulleres se repetiron. Ademais do apuñalamento dun home á súa ex muller diante dos seus fillos menores en Monte Porreiro, a nivel español vén de entregarse o presunto asasino de Marta Calvo, desaparecida dende principios de novembro. En 2019 foron asasinadas 55 mulleres, 1.033 dende 2003, segundo as listas oficiais.