martes. 10.12.2019 |
El tiempo
martes. 10.12.2019
El tiempo
PONTEVEDRA

Pontevedra vaise de Roteiro de Traxes Tradicionais

Os escaparates dos comercios das Galerías Oliva puxéronse este sábado de gala para a estrea do I Roteiro de Traxes Tradicionais de Pontevedra, unha iniciativa promovida pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas e a Concellería de Promoción Económica. Con ela trátase, a un tempo, de dar a coñecer a indumentaria tradicional e fomentar as visitas e compras no pequeno comercio local. A edil Yoya Blanco participou no paseo inaugural polas galerías, onde lucirán 13 traxes ata o día 23.