sábado. 25.09.2021 |
El tiempo
sábado. 25.09.2021
El tiempo
Pontevedra

Por fin, Karma

Un concerto de Mascada e de Thee Blind Crows servíu para reabrir, o sábado 28 de agosto, a sala Karma de Pontevedra. O espazo levaba 522 días pechado a causa da pandemia.

A reapertura, na que tamén participou JT DJ entre concerto e concerto, fíxose coa metade da capacidade (80 persoas), uso de tallos altos e mesas para os asistentes e máscara obrigatoria.

A proposta deixou tamén algún momento emocionante, como cando o público coreou o nome do xerente da sala, Marcos Rivas, a modo de homenaxe. A idea de Rivas e recuperar pouco a pouco a programación permanente do local.

ç