sábado. 20.07.2019 |
El tiempo
sábado. 20.07.2019
El tiempo
SOCIEDAD

A Coruña celebra o Atlantic Pride, o 'orgullo do norte'

O primeiro festival LGTBIQ+ da Coruña, o Atlantic Pride, arrincou este domingo coa festa ABBA que deu a benvida á semana máis  colorida e reivindicativa da cidade.

O pistoletazo de saída do orgullo do norte celebrouse ás 20.00 horas na Fundación Luís Seoane cunha velada temática en honra a ABBA, de entrada gratuíta, a cargo do  DJ Espiñeira que, ademais dunha completa selección musical da banda, tamén picou cancións doutros artistas.

Entre os asistentes, uns 200, destacou a presenza da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a membro do PP municipal Bea Mato, a edil do BNG Avia Veira, así como a xerente do Consorcio de Turismo, Lanzada  Calatayud, entre outros.

Na celebración, a pesar de ser o primeiro evento do festival, non houbo discursos oficiais nin charlas porque os organizadores quixeron que esta noite todos fosen iguais e gozasen dunha festa sen xerarquías.