A 51ª Festa do Carneiro de Moraña será o 11 de xullo

Nesta ocasión estreará formato cunha novidosa degustación de petiscos que terá lugar na Carballeira de Santa Lucía
Xuntanza con hostaleiros de Moraña. CONCELLO
photo_camera Xuntanza con hostaleiros de Moraña. CONCELLO

O Concello de Moraña e os sectores da hostalaría e a restauración van iniciar as actividades gastronómicas da 51ª Festa do Carneiro ao Espeto o sábado 11 de xullo coa novena edición da iniciativa Espétalle un Pincho, que nesta ocasión estreará formato cunha novidosa degustación de petiscos na Carballeira de Santa Lucía.

Esta cuestión e outras referidas á exaltación gastronómica deste ano, que vai ter bastantes cambios e restriccións, como a supresión da comida popular, por cuestións sanitarias, foron abordadas este xoves pola alcaldesa, Luisa Piñeiro, e os concelleiros José Cela e María José García, nunha xuntanza cos hostaleiros e restauradores de Moraña celebrada na Casa da Cultura.

Na mesma, acordouse que Espétalle un Pincho cambie o seu formato, xa que terá lugar en horario de tarde-noite e ao aire libre con casetas, unha por establecemento participante, e con colaboración por parte do Concello, que aportará o produto e encargarase da promoción entre a veciñanza.

A alcaldesa deixou claro que primará o criterio sanitario sobre o lúdico.

Comentarios