O equipo de voluntarios da Asociación Amigos da Empanada da Bandeira abre o prazo para a reserva de mesas da Festa da Empanada, que celebrará, o vindeiro sábado 19 de agosto a súa 47 edición en Silleda. Este ano trae una novidade, un formato de comida e cea para poder gozar do evento en ambos horarios, polo mesmo prezo.
O periodo de reserva estará aberto dende o luns 7 ata o martes 15 de agosto, ambos incluídos e o horario será de 18.00 horas a 21.30 horas durante a semana e de 12.00 horas a 14.00 horas os fins de semana. As solicitudes poderanse facer de xeito presencial no Centro Cultural Vista Alegre e o método de pago pode ser tanto en efectivo como en transferencia bancaria ou bizum, engadindo o concepto "mesa" e o nome da persona representante. Tamén se poderán facer reservas a través de WhatsApp contactando co teléfono da asociación 621087117.
O prezo da mesa será de 35 euros, cada unha conta con espazo para 10 persoas polo que quedaría en 3,5 euros por cabeza. Haberá descontos para os socios, que pagarán 20 euros polas dúas primeiras mesas e 25 pola terceira.
Ante a previsión de que este ano aumentarán os comensais, Amigos da Empanada instalará máis mesas noutras zonas da Carballeira.