Domingo. 27.05.2018 |
El tiempo
Domingo. 27.05.2018
El tiempo

Un accidente de tráfico deixa unha ferida grave en Lalín

A condutora tivo que ser liberada polos bombeiros do Deza

Unha muller resultou ferida de consideración en Lalín despois de saírse da vía o turismo co que circulaba pola PO-533, en dirección a Rodeiro. Como consecuencia do impacto, o vehículo quedou envorcado sobre un lateral e a condutora tivo que ser liberada polos bombeiros do Deza. 

Unha vez fóra, foi atendida por un equipo médico e trasladada ao Centro de Saúde da localidade a onde se dirixe o helicóptero medicalizado con base en Santiago, preparado para a súa evacuación. 

Foi un particular quen, tras atopar á muller inconsciente no interior do vehículo, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda cando estaban a piques de dar as oito desta mañá.

Así, desde o CIAE 112, pediuse a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, dos bombeiros do Deza e da Garda Civil de Tráfico. Tamén foron informados os efectivos de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas para restablecer as condicións de seguridade na vía. 

Un accidente de tráfico deixa unha ferida grave en Lalín