sábado. 17.08.2019 |
El tiempo
sábado. 17.08.2019
El tiempo

Actuacións preventivas na Estrada e Silleda polo temporal

Os efectivos actúan en un edificio de A Estrada.BOMBEIROS DE SILLEDA
Os efectivos actúan en un edificio de A Estrada.BOMBEIROS DE SILLEDA

Os Bombeiros retiraron elementos descolgados de dous fachadas logo das chuvias destes días

Emerxencias A Estrada e os Bombeiros do Parque Intercomarcal con base en Silleda traballaron na mañá deste martes na retirada dun canalón e de teixas con risco de desprendimento en tres edificios da rúa Fernando Conde da Estrada. En concreto, actuaron nos números 21, 24 e 25. Para realizar estas labores precisaron cortar a rúa entre as 11.15 e as 13.45 horas, aproximadamente

Ambos os efectivos actuarón tamén na Estrada retirando unhas planchas soltas nun edificio da rúa Justo Martínez. En ningún dos dous casos houbo danos materiais nin persoais, xa que os elementos só se soltaron, pero non chegaron a caer.

As incidencias apareceron a raíz das chuvias e ventos destes días. A retírada destas pezas levouse ao cabo por precaución ante as previsións meteorolóxicas adversas para as próximas horas. 

Actuacións preventivas na Estrada e Silleda polo temporal