O alcalde de A Estrada transmite o seu pésame á familia de Alejandro Martínez Durán

O empresario faleceu este martes
José López. PATRICIA FIGUEIRAS
photo_camera José López. PATRICIA FIGUEIRAS

José C. López Campos, alcalde de A Estrada, quixo transmitir o seu pésame á familia do empresario Alejandro Martínez Durán, finado este martes.

O alcalde transmitiu a seguinte mensaxe: "Quero facerlle chegar á familia Durán Martínez o meu máis profundo pesar e o de toda a Corporación polo recente falecemento de D. Alejandro Durán; membro distinguido da sociedade estradense e que tanto significou no eido empresarial a través da firma Martínez Otero, un grupo empresarial tan importante para o benestar e progreso da nosa vila.

Máis alá do seu inxente legado empresarial, nestes duros momentos, cómpre facer unha sentida lembranza da súa bonhomía e xenerosidade, postas sempre a disposición de cantos tivemos a honra de coñecelo e tratalo.

O meu máis sentido pésame, pois, á familia, amigos e empregados. Hoxe, máis que nunca debemos renderlle homenaxe a quen fixo da súa empresa un referente mundial do comercio e, da súa vida, un exemplo de grandeza, constancia e compromiso. Descanse en paz".

ALEJANDRO MARTÍNEZ DURÁN. Alejandro Martínez Durán exerceu como presidente do consello de administración da empresa estradense María Martínez Otero, de referencia internacional no sector da madeira e do moble. 

Alejandro Durán traballou na empresa fundada pola súa nai, María Martínez, desde os anos sesenta, desempeñando distintos postos ao longo da súa traxectoria profesional. Os seus fillos, Alejandro e Jesús, non dubidaron en seguir os seus pasos e actualmente forman parte do equipo do grupo empresarial.

Comentarios