lunes. 27.09.2021 |
El tiempo
lunes. 27.09.2021
El tiempo

O alcalde de Silleda promete a mellorar a accesibilidade no municipio

Reunión de Manuel Cuiña con Anxo Queiruga e Iván García. CEDIDA
Reunión de Manuel Cuiña con Anxo Queiruga e Iván García. CEDIDA
Manuel Cuiña, tras unha reunión con Cogami, anunciou que as primeiras actuacións acometeranse no contorno da estrada N-525

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantivo este mércores un encontro co presidente de Cogami, Anxo Queiruga, e co director do Centro de Recursos que a entidade ten en Medelo, Iván García. Nel abordaron distintas cuestións e temas relacionados coa colaboración entre as dúas entidades e tamén se debatiu sobre a accesibilidade nas rúas e espazos públicos das dúas vilas silledenses.

"Acordamos que Cogami teña acceso a todos os novos proxectos que se vaian plantexando e comprometémonos a executar por fases a mellora da accesibilidade", indica o alcalde.

Deste xeito, as primeiras actuacións acometeranse no contorno da estrada N-525, que a día de hoxe rexistra polas antigüidades dos tramos as maiores deficiencias en canto a accesibilidade para as persoas con discapacidades físicas.

Neste senso, Cuiña reitereou o agradecemento do Concello de Silleda a Cogami pola súa participación na elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible e polo "completo estudio que realizaron xunto a Working Wheels e que foi presentado a finais de 2018", engade.

"É un estudo que temos en conta e que quedamos en ir executando de xeito gradual", indica o rexedor, agradecendo o traballo "minucioso que realizaron estes dous colectivos e que sen dúbida algunha redundarán nunha mellora da calidade de vida non só das personas con mobilidade reducida senon de toda a poboación en xeral". 

En canto a estas cuestións, dende Cogami felicitaron ao Concello de Silleda pola mellora da accesibilidade no entorno do Centro de Saúde de Silleda e de novas urbanizacións como a da Residencia de Maiores.

O alcalde de Silleda promete a mellorar a accesibilidade no municipio
Comentarios
ç