O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, dá positivo por covid-19

O rexedor atópase en bo estado e practicamente sen síntomas
Manuel Cuiña. B.P.
photo_camera El alcalde de Silleda, Manuel Cuiña. B.P.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña Fernández, vén de dar positivo por covid-19. O rexedor, que levaba varios días illado despois de estar en contacto directo cun infectado, realizou o mércores a proba PCR, cuxo resultado foi notificado este xoves.

Cuiña, que non estivo no consistorio desde o venres pasado, atópase en bo estado e practicamente sen síntomas, comunicado en todo momento co personal da Alcaldía e seguindo de cerca o traballo diario da actividade municipal.

As súas funcións serán asumidas temporalmente pola tenente de alcalde, Mónica González, mentres que o rexedor deberá gardar a pertinente corentena.

Comentarios