sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

Os alumnos do obradoiro de emprego avanzan nos traballos na finca de Segade

Unha alumna realizando os traballos na contorna da finca Segade. CEDIDA
Unha alumna realizando os traballos na contorna da finca Segade. CEDIDA
Está previsto que rematen en breve unhas obras que consisten na recuperación paisaxística da contorna

O obradoiro dual de emprego O Camiño dos Camiños, posto en marcha polo Concello de Caldas e financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade, cumpre tres meses de funcionamento. Neste período de tempo os alumnos-traballadores que integran o proxecto recibiron formación en prevención de riscos laborais, informática, igualdade de oportunidades e medio ambiente.

Así mesmo, tamén están a recibir formación teórica para a obtención do certificado de profesionalidade de actividades auxiliares de conservación e mellora de montes que os vai capacitar para desempeñar traballos de peón forestal realizando labores de repoboación, corrección hidrolóxica e construción e mantemento de infraestruturas forestais, así como de control de pragas e enfermidades das plantas forestais.

Esta formación estase a completar cos traballos que están a desenvolver na finca municipal de Segade, onde se desenvolve a recuperación paisaxística da contorna, que vai moi avanzada. Entre as tarefas realizadas inclúense rozas, erradicación de vexetación invasora, acondicionamento e mantemento de sendeiros e camiños, así como eliminación de restos vexetais por medios mecánicos. Estes traballos desenvolvéronse no lugar da Baxe, na ponte romana e na zona da antiga central hidroeléctrica.

A eliminación de vexetación invasora está a supor unha grande parte do traballo a desenvolver polo alumnadotraballador do obradoiro dual de emprego. As acacias Acacia Melanoxylon, as robinias Robinia Pseudoacacia, as canas Arundo Donax e a Tradescantia Fluminensis colonizaban unha boa parte do bosque da finca de Segade, minguando a biodiversidade do entorno. Así, as actuacións estanse centrando neste primeiro momento na tala e destoconado destas especies e tamén s e iniciou a plantación de especies frondosas carballos, bidueiros, freixos..., nogueiras e acevos.

O alcalde, Juan Manuel Rey, visitou a finca de Segade e comprobou en persoa o intenso traballo que está a desenvolver o alumnadotraballador do obradoiro. Rey destacou que as actuacións están moi avanzadas e felicitou polo traballo realizado ao alumnado como ao persoal técnico e administrativo da escola taller.

Os alumnos do obradoiro de emprego avanzan nos traballos na finca...
Comentarios
ç