Amil díxolle adeus á rapa por todo o alto

Unhas 150 cabezas pasaron polo curro e deixáronse cortar as crins por 15 aloitadores morañeses ▶A xornada saldouse sen incidentes persoais e con gran afluencia de público ▶Os animais están en bó estado e con moitas crías

Os cabalos de Moraña voltaron o Monte Acibal na noite deste domingo, despois de dúas xornadas de rapa e actividades encamiñadas a sanear a cabaña desta zona, entre os municipios de Moraña, Barro e Campo Lameiro.

A Rapa das Bestas de 2018 saldouse con un centenar de bestas rapadas no curro do sábado pola tarde e unhas 150 no do domingo, no que, por sorte non houbo incidentes para os animais nin para ningún dos 15 aloitadores –14 homes e unha muller– que este ano participaron nas tarefas de cortar as crins ao gando cabalar.

Unha das esceas do curro do domingo, en As Brañas, Amil. JOSÉ LUIZ OUBIÑA1

Tal e como indicou o presidente da Asociación Cabalar Monte Acival, Ramón Souto, a celebración discorreu co tradicional ambiente festivo, animada pola charanga Airiños da Fracha, e con unha grandísima expectación do público.

En canto ao número de animais xuntado para esta baixa, Souto considerou que "se trata dunha boa cifra, e, sobre todo, atopamos que os cabalos están en bastante bó estado este ano. Moi ben mantidos".

Unha das esceas do curro do domingo, en As Brañas, Amil. JOSÉ LUIZ OUBIÑA3

Aínda que a rapa é a principal referencia do contacto do gando libre do Monte Acibal cos seus lexítimos propietarios, o presidente explicou que "case todas as semanas hai que volver ao monte para controlar aos animais, evitar que se metan nas estradas e que se perdan en encamiñen cara as leiras cultivadas", sinalou. Iso si, na cita no Curro é no único momento en que se cortan crins e se marcan os novos poldros. O domingo, por exemplo, contabilizáronse 150 cabezas de exemplares adultos, e outras 35 cabeciñas de exemplares máis novos.

Unha das esceas do curro do domingo, en As Brañas, Amil. JOSÉ LUIZ OUBIÑA4

Comentarios