Amil reencontrouse coa cabana do Monte Acibal nunha rapa memorable

Centos de persoas acudiron ao curro, aproveitando as zonas de sombra para seguir o traballo dos aloitadores e aloitadoras  Máis de cen exemplares foron saneados nesta edición
 

Os aficionados ao mundo do cabalo da zona do Umia reencontráronse esta fin de semana cunha das súas citas máis senlleiras: a Baixa das Bestas de Amil, que se celebrou contando con unha masiva afluencia de público que encheu o na xornada do domingo o curro para presenciar a última fase da concentración.

A Rapa, a cargo da Asociación Monte Acibal recuperou o paso despois da pandemia cunha convocatoria de tres días, iniciándose o venres cunha cea campestre. Na edición anterior si se reuniron os animais, pero sen público.

Na xornada do sábado os participantes adicaron todo o día a percorrer o espazo do Pastizal de Amil para encontrar e reunir a maior cantidade de cabalos, eguas e poldros, de cara á celebración do domingo. Para esta tarefa, quedaron ás 8.00 da mañá e tamén a mediodía, coa intención de poder actuar posteriormente sobre a maior cantidade de animais da cabana de Amil. Foi o propio domingo cando a festa chegou ao seu punto álxido coa xuntanza dos animais para o curro, celebrada desde as 12.00, momento no que se puido comprobar que se reunira a unha importante cantidade de animais.

SANEADOS. Despois dunha mañá adicada a separar aos exemplares máis pequenos e a diversas exhibicións de monta, a tarde, desde as 17.00 horas, foi momento para os aloitadores e aloitadoras, que se foron alternando, tanto para a tarefa de separar e inmobilizar aos exemplares, como para as labores de marcado e saneamento que tamén se realizan aproveitando a propia rapa. Nesta fase do traballo deuse conta de máis de cen exemplares equinos.

Centos de asistentes seguiron a celebración desde o curro a pesares das altas temperaturas, aproveitando as zonas de sombra e cubertos, en moitos casos con sombreiros ou incluso colchas para protexerse da calor.

Ao remate da rapa, como é tradición, os animais foron conducidos de novo ao pastizal e, antes de que os asistentes emprenderan o regreso, procedeuse ao sorteo dunha plodra.

A pesar da cantidade de exemplares rapados e marcados e de que moitos deles eran animais de gran tamaño, a xornada saldouse sen incidencias reseñables, segundo confirmou Protección Civil de Moraña, que desplegou un dispositivo de control durante a xornada.

Comentarios