Miércoles. 22.05.2019 |
El tiempo
Miércoles. 22.05.2019
El tiempo

"Aportamos sensatez e diálogo, sempre ó lado dos veciños"

Verónica Pichel. PATRICIA FIGUEIRAS
Verónica Pichel. PATRICIA FIGUEIRAS

Verónica Pichel é candidata do PSOE de Forcarei

No 2015 concorreu como independente na lista Doval, á que releva como candidata. Faino logo de dous anos como edila e sendo elixida membro do comité nacional do PSdeG-PSOE. Esta carreira entraba seus plans?
Cando formei parte da candidatura do PSdeG-PSOE fíxeno convencida de que Forcarei necesitaba un cambio e entendín que podía aportar o meu grao de area. Descubrín que desde a política local pódense facer grandes cousas e que os últimos anos de gobernos da dereita só trouxeron recortes e crispación e por iso a miña implicación foi en aumento.

Nas anteriores municipais o PSOE baixou de catro a tres edís. Que aportan para remontar?
As pasadas eleccións celebráronse nunha conxuntura complicada para o PSOE a nivel nacional. Nesta ocasión presentámonos cunha folla de servizos impecable e logo de que os veciños tiveran que saír en dúas ocasións á rúa co Goberno local en contra, pola supresión do médico de Soutelo de Montes e do SAF. Aportamos unha traxectoria de sensatez, lealdade e diálogo sempre ó lado da veciñanza.

En que se centrarán se chegan ó Goberno?
Logo de catro anos limitándose a facer obras, moitas delas con execución defectuosa, é o momento de recuperar o protagonismo para as persoas. É fundamental recuperar o SAF e captar fondos para facer un Centro de Día. Para a mocidade é prioritario acondicionar o campo de fútbol de Forcarei e as instalacións deportivas e facer unha programación de ocio interesante para que fagan vida aquí. Tamén temos moi presente que 155 familias están vencelladas ó sector agrogandeiro e que contamos con empresas potentes, por iso é necesario crear incentivos fiscais.

Que solucións aportan ó despoboamento?
É unha das cuestións que pesou na miña decisión de presentarme á Alcaldía. Debemos centramos en crear servizos que axuden a conciliar, en ter unhas instalacións dignas e en que aldeas conten con saneamento, camiños acondicionados e espazos recreativos limpos.

"Aportamos sensatez e diálogo, sempre ó lado dos veciños"
Comentarios