domingo. 20.09.2020 |
El tiempo
domingo. 20.09.2020
El tiempo

Aprazan A Rapa das Bestas de Sabucedo e estudarán celebrala os días 15 e 16 de agosto

Rapa das Bestas de Sabucedo. PATRICIA FIGUEIRAS
Rapa das Bestas de Sabucedo. PATRICIA FIGUEIRAS
A organización inclínase por manter esta "tradición secular", pero recalca que dependerá da evolución da pandemia 

A Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo decidiu aprazar por motivos sanitarios a edición de 2020, que estaba prevista que se celebrase entre o 3 e o 6 de xullo, pero consultará aos veciños da parroquia se pode retomarse os días 15 e 16 de agosto. 

"No caso de que Sabucedo opte por esta alternativa (retomala en agosto), todo dependerá loxicamente das autorizacións dos responsables sanitarios e das administracións públicas"

A través dun comunicado, a asociación organizadora desta Festa de Interese Turístico Internacional explica que a súa directiva propuxo a anulación das datas habituais porque "considera que sería moi precipitado e inviable para a saúde". Por iso, optou por darse un tempo "para comprobar a evolución da pandemia e das distintas fases da desescalada". 

De feito, a Asociación A Rapa das Bestas explica que esta opción foi apoiada "maioritariamente" polos veciños da parroquia de Sabucedo, na Estrada (Pontevedra), que volverán ser convocados no mes de xullo para determinar se a edición deste 2020 se suspende definitivamete ou se celebra do 15 ao 16 de agosto. 

"No caso de que Sabucedo opte por esta alternativa (retomala en agosto), todo dependerá loxicamente das autorizacións dos responsables sanitarios e das administracións públicas", subliña a organización. 

"TRADICIÓN SECULAR". Ademais, o equipo reitor da Rapa das Bestas lembra que a celebración "naceu, segundo a cultura popular, en época da peste e superou a Gripe Española de hai un século", así como outros "acontecementos tan terribles como a Guerra Civil". Por iso, esta festa espera afrontar en 2020 "unha nova dificultade". 

Pola "importancia de manter unha tradición secular", polo "impriscindible coidado dos cabalos" e polos "parámetros administrativos e legais da identificación e cálculo das reses", a Asociación A Rapa das Bestas considera que "debería celebrarse", aínda que fose en agosto, se a saúde pública o permite. 

Aprazan A Rapa das Bestas de Sabucedo e estudarán celebrala os...
Comentarios