sábado. 11.07.2020 |
El tiempo
sábado. 11.07.2020
El tiempo

Arden un tractor e apeiros de labranza nun alpendre de Caldas de Reis

El tractor calcinado en Follente. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
El tractor calcinado en Follente. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O lume calcinou tamén varios electrodomésticos, pero non houbo que lamentar danos persoais

Un incendio calcinou este martes pola mañá un alpendre na localidade pontevedresa de Caldas de Reis.

Segundo o 112, non houbo que lamentar danos persoais, pero si materiais: arderon un tractor, diversos apeiros de labranza, un conxelador, unha lavadora e leña que se almacenaba no seu interior. O teito do pendello tamén se viu afectado.

Una persoa particular foi quen, ao fío das 07.30 horas, avisou de que vía desde a súa casa lapas nun galpón dunha finca situada en Bemil, no lugar de Follente.

Ata o lugar, tras ser alertados polo 112 Galicia desprazáronse os Bombeiros de Vilagarcía e o GES de Valga. Así mesmo, os xestores de emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil, Policía Local e a dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Arden un tractor e apeiros de labranza nun alpendre de Caldas de Reis