Os arrieiros 'desembarcan' na Estrada con música e ritmo de rock galego

A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada vibrará este venres a ritmo do mellor rock cen por cen galego, nun festival no que tocarán grupos como Herdeiros da Crus, Novedades Carminha, Terbutalina, Agoraphobia e Bala e Señora DJ ► Pódense mercar as últimas entradas a través da plataforma ataquilla.com.
Herdeiros da Crus. DP
photo_camera Herdeiros da Crus. DP

Durante o século pasado, a figura do arrieiro converteuse en peza chave para o comercio de viño e sal entre as vilas galegas. Maiormente procedentes de Ribadavia, cruzaban o interior para chegar ata Santiago, deténdose en cada localidade para comercializar e intercambiar os seus produtos.

Unha destas paradas era na Estrada, onde confluían cos moitos peregrinos que facían a ruta xacobea desde Braga (Portugal) a través da Geira Romana, ata converxer na principal ruta dos Arrieiros que transportaban o viño do Ribeiro até Santiago.

Pero máis alá dese labor comercial, supuxeron un vehículo de transmisión popular, configurando un universo musical propio, e definindo un estilo que recibiu a denominación de 'cantares de arrieiros'. Pezas que narraban experiencias recollidas durante o camiño, propias do seu estilo de vida e do acervo cultural que compartían nos lugares de acollida.

undefined

Con esta esencia naceu o festival O Son dos Arrieiros, que fará vibrar o venres e o sábado ao concello da Estrada a ritmo do mellor rock cen por cen galego. O festival, coorganizado pola produtora Dotbeat! e o Concello da Estrada e que se celebrará na Fundación de Exposicións e Congresos, está promovido pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), dentro do marco de actividades desenvolvidas no Xacobeo 2021-2022.

Esta primeira edición de O Son dos Arrieiros está tendo moi boa acollida, e será moi abundante o público, que chegará á Estrada de todos os recunchos de Galicia. Sen embargo, aínda queda algunha entrada dispoñible que se poderá adquirir ata o comezo do festival a través da plataforma ataquilla.com.

Atendendo á boa acollida deste evento, a organización puxo a disposición do público un servizo de autobús que conecta Santiago de Compostela coa Estrada por un prezo de sete euros ida e volta.

E é que o cartel non deixou indiferente a ninguén, con artistas galegos de alto nivel os dous días do festival.

undefined

As portas da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada abrirá este venres ás 20.00 horas para recibir ao público que gozará da música de Señora DJ, Terbutalina e Novedades Carminha, que presenta o seu último concerto en Galicia do ano; mentres que o sábado será o turno de Señora DJ, Bala, Agoraphobia e, por último, Heredeiros da Crus, que porán o broche de ouro a esta primeira edición do festival ofrecendo o seu único concerto en formato eléctrico do 2021.

O recinto, ubicado no pavillón 5 da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, conta con roupeiro e servizo de barra e restauración. Ademáis, será acondicionado acústicamente para convertilo nun gran salón de concertos no que o público, por primeira vez despois da pandemia, poderá gozar dunha experiencia única sen cadeiras.

Actividades paralelas. O Concello da Estrada, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa participación da Asociación de Hostaleiros da Estrada e o Lagar Peroja, organizou actividades paralelas ao festival para involucrar a todos os sectores posibles e beneficiarse desta iniciativa inédita en Galicia.

undefined

Así, baixo o título de O Camiño dos Arrieiros, celebrarase este sábado unha sesión vermú na carballeira da Feira, entre as 13.00 e as 18.00 horas, que contará coas actuacións de Los Rastreadores, Troula Animación, Plan Siberia e Igloo.

Serán cinco horas de música aderezada con empanada, bolos preñados e sidra e taberna estradense. A asistencia será completamente gratuita até completar a cabida da carpa habilitada.

Comentarios