jueves. 22.04.2021 |
El tiempo
jueves. 22.04.2021
El tiempo

A artesanía estradense participa na creación de 'Vacalmorzos' para Feiraco

Bandexa e pratos de madeira son as aportacións de Isabel Neira ao set de almoprzo. PATRICIA FIGUEIRAS. DP
Bandexa e pratos de madeira son as aportacións de Isabel Neira ao set de almoprzo. PATRICIA FIGUEIRAS. DP
A firma leiteira contou con Atalanta Madera, de Isabel Neira, e outros artesáns galegos para sortear entre os seus clientes un set de almorzo provisto de mandil, bandexa, pratos e cuncas feitos á maneira tradicional

A firma Feiraco realiza todos os anos unha campaña específica de fidelización de clientes durante o Entroido. Nesta ocasión quixo sortear un produto composto por pezas de artesanía de Galicia. Así, púxose en contacto con Isabel Neira, recoñecida artesán estradense con varias xeracións dedicadas a este labor. A propietaria de Atalanta Madera comenta que o entendemento foi rápido. "Gustábanlle os nosos produtos de madeira. Explicáronnos o que andaban buscando e fixemos propostas ata chegar a este set de almorzo feito en madeira que está tratado para poder comer e logo lavar como calquera peza que usamos habitualmente": 

Os Vacalmorzos, que así se chaman estes agasallos, levan unha bandexa e dous pratos de madeira da artesán estradense, un mandil confeccionado por Studio Stampa de Mondoñedo e dúas cuncas de Ceramista Arobe de A Coruña. En total vinte sets que desfrutarán en exclusiva os agraciados no sorteo, xa que non está previsto ampliar a produción.

Isabel Neira explica como foi todo este traxecto duns tres meses desde que houbo a primeira toma de contacto. "En principio lanzaron o sorteo sobre o boceto do que iamos facer. Logo cando estaba xa o produto sacárono nas redes sociais. Quedamos moi satisfeitos co resultado das nosas obras. Daba a sensación de que todos os artesáns traballaramos xuntos no mesmo espazo, cando en realidade o fixemos vía telemática, por correo ou teléfono. O mérito de aunar todo iso foi de Feiraco".

"Este proxecto deixounos moi contentos porque supuxo unha grande aprendizaxe", apunta Isabel Neira, de Atalanta MAdera

Nesta ocasión os artesáns non traballaron polo factor económico, as ganancias son principalmente a visibilidade do seu traballo grazas a marca leiteira e persoais, como explica Isabel Neira. "Este proxecto deixounos moi contentos porque supuxo unha grande apredizaxe. Non coñecía aos outros artesáns persoalmente, aínda que sabía dos seus traballos. No meu caso tamén colaborou na estampación da bandexa e os pratos que fixemos unha artesán do Concello de Ames, Sandra, do taller Amorote Workshop". 

A artesanía estradense participa na creación de 'Vacalmorzos' para...
Comentarios
ç