Sábado. 25.05.2019 |
El tiempo
Sábado. 25.05.2019
El tiempo

Augas de Galicia confirma a eliminación dun vertido contaminante nun rego de Valga

A orixe estaba un establemento hoteleiro

Augas de Galicia, dependente da Consellería de Infraestruturas, informou da eliminación dun punto de vertido a un rego do municipio de Valga, concretamente o Puntó, ao seu paso por A Casanova, en Campaña.

As labores de identificación do foco contaminante foron levadas a cabo polos inspectores do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia, no marco dos traballos rutineiros desenvolvidos no ámbito deste municipio.

Neste senso, os controis analíticos realizados polos técnicos no punto de vertido confirmaron a presenza de contaminación de orixe fecal na condución de vertido.

A problemática detectada foi posta en coñecemento do Concello de Valga para que procedese a adoptar accións correctivas para a súa emenda. Dende o Concello procedeuse a realizar unha revisión da rede de pluviais identificando unha acometida incorrecta procedente dun establecemento hostaleiro da zona, polo que se dirixiu requirimento ao titular para que procedese á súa retirada. 

Os inspectores de Augas de Galicia efectuaron recentemente a inspección de seguimento no lugar, na que comprobaron  a anulación da acometida incorrecta. Ademais procedeuse á realización dunha nova mostraxe do punto de vertido final, cuns resultados que confirmaron a ausencia de emisións contaminantes.

Augas de Galicia confirma a eliminación dun vertido contaminante...
Comentarios