miércoles. 21.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 21.04.2021
El tiempo

Avanzan as obras de mellora no auditorio de Muimenta

José Cuñarro durante a visita. DP
José Cuñarro durante a visita. DP
O Concello de Lalín tamén executa a instalación dunha varanda de protección na zona final da rúa García Sánchez

Os edís de Cultura e Obras, Begoña Blanco Blanco e José Cuñarro Torres, acompañados do director de obra, Pablo Aréan González, do pedáneo, Manuel González Otero, e do representante da Escola de Música de Muimenta, Pedro Vilariño Prieto, realizaron unha visita ao auditorio de Muimenta onde o Goberno está a acometer diversas obras de mellora do local social; unha actuación que se iniciou nun momento en que os centros sociais estaban pechados por mor da pandemia e que nestes momentos está bastante avanzada.

Begoña Blanco explica que se trata de melloras estéticas e de funcionalidade do edificio consistentes na retirada da columna da parte central do auditorio, para o que se reforzou a placa con vigas transversais -a fin de poder eliminar esta columna da zona central- coa que se gañou en amplitude, diafanidade e mellor servizo dos veciños. Tamén na zona da entrada do auditorio substituíuse o falso teito e o chan instalando un chan de plaqueta cun acabado que asemella madeira, e tamén se instalou un mostrador, tal como solicitara a veciñanza.

Ademais, tamén se mellorou o saneamento dos baños, que houbo que construír unha zanxa e se instalou unha arqueta exterior.

Estas obras execútanse con cargo á liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra (45.919,50€, Ive incluído) e contarán cunha achega de fondos propios para resolver as incidencias que se atoparon durante o desenvolvemento da obra (mellora do saneamento dos baños e retirada da columna central). A empresa que as realiza é Instalaciones Industriales y Construcciones Luis Miguel SL.

OBRA PENDENTE. O Concello está a executar a instalación dunha varanda de protección na zona final de García Sánchez, nun treito duns 30 metros aproximadamente -parte deles en curva-, que presenta un desnivel de varios metros entre a citada rúa e as fincas colindantes. Unha actuación que deixou inacabada o anterior goberno. As obras, que executa Taboada y Ramos mediante un contrato menor (3.037,58€, Ive incluído), deron comezo onte e continuarán nas vindeiras xornadas.

Avanzan as obras de mellora no auditorio de Muimenta
Comentarios
ç