martes. 19.10.2021 |
El tiempo
martes. 19.10.2021
El tiempo

Avanzan os traballos de explanación do CIS de Lalína

A parcela na que se construirá o CIS, no ALto de Vales, cos traballos xa en marcha. DP
A parcela na que se construirá o CIS, no Alto de Vales, cos traballos xa en marcha.
A obra, que comezou o pasado 11 de maio, ten un período de execución de 18 meses

Os traballos de construción do Centro Integral de Saúde (CIS) de Lalín, no Alto de Vales, que se iniciaron o pasado 11 de maio, xa presentan uns notables avances, despois de menos dun mes dende que as máquinas comezaran a facer os primeiros traballos de movementos de terras. Precisamente, eses traballos de escavación e retirada de terra que xa se acometeron nas últimas semanas permiten comprobar o traballo do novo edificio, a súa orientación e a profundidade dos sotos do edificio.

Ao tempo que xa están moi avanzadas as tarefas de retirada de terras da parcela na zona onde situará o subsolo do edificio, xa comezaron a executarse os cimentos do edificio que presentan xa unha importante zona de formigonado.

As obras, que acomete a empresa adxudicataria Ramírez, continuarán nas vindeiras semanas completando o movemento de terras e acometendo o formigonado das bases do edificio e construción das zapatas onde se asentará o novo edificio sanitario.

O CIS de Lalín contará cunha superficie de 5.500 metros cuadrados no que se integrarán un Centro de Saúde e un Punto de Atención Continuada. Nas novas instalacións haberá área asistencial, área pediátrica, especialidades médicas e unidades complementarias, como hospitalización a domicilio, saúde mental, hemodiálisis ou atención á mujer, que darán servizo a veciños de Lalín, Agolada, Rodeiro e Dozón, e tamén certos servizos a veciños de Silleda e Vila de Cruces, beneficiando a mais de 35.000 persoas.

O Centro Integral de Saúde de Lalín é o segundo destas características que se constrúe en Galicia tras o que a Xunta está executando en Lugo.

Avanzan os traballos de explanación do CIS de Lalína
Comentarios
ç