A Banda de Lalín protagoniza o videoclip de 'Lamborghini', o novo de Ataque Escampe

Os músicos están liderados polo lalinense Benxamín Otero

Nove membros da Banda de Música de Lalín protagonizan, xunto con Nuno Pico (Grande Amore), o videoclip de Lamborghini, o novo tema de Ataque Escampe.

Os músicos, liderados polo tamén lalinense Benxamín Otero, demostran grandes dotes interpretativas nesta peza audiovisual dirixida por David Silva e que conta cun amplísimo reparto.

Membros da Banda de Lalín no videoclip de 'Lamborghini'. DP
Membros da Banda de Lalín no videoclip de 'Lamborghini'. DP

A banda compostelá presentará o vindeiro sábado día 26 no Teatro Colón da Coruña Na noite brillan, un espectáculo audiovisual "onde as nosas cancións estarán atravesadas por imaxes que vertebran pasado e futuro, o mundo dos vivos e o mundo dos mortos", explica o propio grupo.

Membros da Banda de Lalín no videoclip de 'Lamborghini'. DP
Membros da Banda de Lalín no videoclip de 'Lamborghini'. DP

Comentarios