miércoles. 18.09.2019 |
El tiempo
miércoles. 18.09.2019
El tiempo

O BNG de Forcarei apoiará a investidura de Pichel pero descarta un bipartito

Verónica Pichel. PATRICIA FIGUEIRAS
Verónica Pichel. PATRICIA FIGUEIRAS

A formación alega "diferenzas importantes" co PSOE, que criticou as "esixencias" dos nacionalistas

O BNG de Forcarei anunciou que o vindeiro sábado apoiará a investidura da socialista Verónica Pichel pero rexeita entrar no goberno.

A formación alega "diferenzas importantes" co PSOE, aínda que menores ca co PP, "por iso votaremos a investidura", explican.

Deste xeito, o PSOE  gobernará en minoría con cinco concelleiros, tal e como informou a formación nun comunicado. 

Miguel Pereira, responsable de Relacións Institucionais e Acción Electoral do PSdeG-PSOE de Forcarei destacou o "clima de cordialidade e entendemento cos representantes de BNG-Foro" pero recoñecen que "as pretensións de Roberto Jorge Correa non eran proporcionais ao que votaron os veciños o pasado 26 de maio". "Na reunión inicial comunicounos que o PP lle ofrecera a alcaldía e que a rexeitaran, pero plantexounos que o noso grupo o apoiara a el como alcalde" manifesta Pereira.

Segundo apunta o PSOE, o BNG-Foro "esixiu a tenencia de alcaldía para Jorge Correa, co control sobre o 49% do orzamento, potestade no persoal municipal e a xestion das areas de medio rural, emerxencias, educación e Cultura e ademais un documento con accións do seu programa electoral que querían que se cumprisen".  "Estas esixencias, xunto coas reunións en paralelo que se mantiveron entre BNG e PP, provocaron que o PSdeG-PSOE se decantase por un goberno en minoría", explica.

Con todo, o PSOE insiste en que está "aberto a seguir negociaciando a participación de Roberto no goberno co cambio, pero  agardarmos que se respete minimamente o resultado electoral obtido polo PSdeG-PSOE por parte do BNG e tamén a que nos centremos en priorizar as accións que se deben facer nestes catro anos de xeito realista".

Pereira tamén lembra que o portavoz en funcións do PP, Vicente Búa, contactou este xoves coa candidata Verónica Pichel para "poñerse a disposición para as cuestións relativas ao traspaso de poderes e as cuestións relacionadas coa xestión municipal". 

O BNG de Forcarei apoiará a investidura de Pichel pero descarta un...
Comentarios