Os bombeiros limpan unha mancha de aceite no centro urbano de Silleda

Foi causada pola colisión entre un coche e un camión

Os Bombeiros do Deza fan fronte a unha mancha de aceite de grandes dimensións no casco urbano de Silleda provocada como consecuencua do choque entre un camión do leite e un turismo.

Por fortuna, o accidente saldouse sen feridos aínda que os danos causados polo impacto obrigaron a intervir aos efectivos do parque comarcal. Ademais, a circulación interrompeuse ao paso pola Rúa Trasdeza, tal e como indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para informar do suceso.

Faltaban apenas uns minutos para que deran as oito desta mañá cando o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias comezou a recibir as chamadas de alerta por mor dun camión de leite un turismo accidentados no casco urbano de Silleda.

A partir de aí, os xestores do 112 Galicia activaron un operativo no que participaron Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Posteriormente, sumáronse os Bombeiros do Deza debido á presenza dunha mancha de aceite bastante grande que comprometía a seguridade vial.