Os bonos por valor de 10 euros da campaña 'Mercarei' xeraron 20.000 de gasto

Verónica Pichel salientou que "as adquisicións da veciñanza multiplicaron por catro o investimento municipal"
Imaxe dun dos bonos da campaña 'Mercarei', para dinaminzar o comercio local de Forcarei. FACEBOOK
photo_camera Imaxe dun dos bonos da campaña 'Mercarei', para dinaminzar o comercio local de Forcarei. FACEBOOK

A campaña Mercarei impulsada polo Concello de Forcarei permitiu xerar a comercios e establecementos de hostalería do municipio un volume de negocio de 20.068,76 euros. Este foi o gasto total realizado polas veciñas e veciños que empregaron os bonos de 10 euros distribuídos polo Concello.

A alcaldesa, Verónica Pichel, valorou de xeito moi positivo a campaña. "As compras da veciñanza multiplicaron por catro o investimento municipal, de case 5.000 euros". O goberno entregou 500 bonos de 10 euros a forcaricenses maiores de idade. O requisito para poder utilizalos era facer unha compra ou consumo dun mínimo de 30 euros, de xeito que o Concello pagaba 10 euros e a persoa beneficiaria 20.

Comentarios