jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

Buscan o dono dunha "cantidade sustancial" de diñeiro atopada en Silleda

Billetes. AEP
Billetes. AEP

Os cartos están depositados no Xulgado de Instrucción Número 1 de Lalín

O Concello de Silleda informou este martes de que se busca á persoa ou persoas propietarias dunha "cantidade sustancial" de diñeiro que, ó parecer,  foi atopada na vila trasdezá. Non trascenderon máis datos respecto do lugar exacto onde apareceron os cartos, de por quen foron achados nin en que circunstancias nin do montante aproximado.

Non obstante, dende a Administración local trasladaron na mañá de onte o aviso de que o diñeiro está depositado no Xulgado de Instrucción Número 1 de Lalín. Deste xeito, a persoa ou persoas que se consideren posuidoras destes cartos deben dirixirse ó cuartel da Garda Civil de Silleda para poder recuperalos, unha vez demostren que son da súa pertenencia.

Buscan o dono dunha "cantidade sustancial" de diñeiro atopada en...
Comentarios