Caldas consegue rebaixar as cifras do paro aos niveis previos ao inicio da pandemia

Na actualidade, son 695 os caldenses que se atopan na procura dun posto de emprego
Casa consistorial de Caldas. ADP
photo_camera Casa consistorial de Caldas. ADP

O concello de Caldas de Reis conseguiu rebaixar as cifras do paro que había no municipio ao inicio da pandemia de coronavirus.

Xusto un ano despois, o número de desempregados sitúase no municipio en 695 persoas, 46 menos que en febreiro deste ano e 37 por debaixo dos que se rexistraban en marzo de 2020.

Dende o Goberno municipal realizase un seguimento detallado da evolución do mercado laboral por sectores a nivel municipal e comarcal.

Comentarios