domingo. 05.07.2020 |
El tiempo
domingo. 05.07.2020
El tiempo

Caldas pon a punto a Ponte Romana da Baxe e a Vía XIX

Ponte romana da Baxe. CEDIDA
Ponte romana da Baxe. CEDIDA
O Servizo de Medio Ambiente eliminou restos vexetais para garantir o correcto tratamento destas estructuras históricas da vila

O Concello prosegue actuando sobre os bens patrimoniais do rural caldense e as súas contornas para poñelos en valor como recursos de interese e atractivo turístico de cara o próximo verán. Así, o persoal do Servizo de Medio Ambiente vén de acondicionar mediante traballos de limpeza e roce a Ponte Romana da Baxe , no lugar de Segade, e a Vía Romana XIX que dá acceso á ponte e atravesa o Umia neste punto da parroquia de San Andrés.

A eliminación de restos vexetais e maleza realizouse con medios manuais para garantir o correcto tratamento destas estruturas históricas catalogadas no PXOM e, por tanto, protexidas. "Con estas intervencións queremos fomentar a conservación e poñer en valor os múltiples recursos patrimoniais espallados polo noso rural para que sexan un reclamo para a atracción de visitantes e, neste caso particular, se desfruten de maneira especial coa práctica do sendeirismo", explicou o edil de Medio Ambiente e Obras, Manuel González. "Aínda así", engadiu, "o obxectivo non é só incrementar o seu atractivo turístico, senón garantir tamén que estes bens estean nas mellores condicións para os veciños e veciñas da zona".

O Concello ten previsto continuar con tarefas de limpeza na finca municipal da central hidroeléctrica de Segade e noutros elementos e espazos recreativos da parroquia de San Andrés.

Caldas pon a punto a Ponte Romana da Baxe e a Vía XIX
Comentarios