domingo. 20.09.2020 |
El tiempo
domingo. 20.09.2020
El tiempo

Caldas reforza o cartel de 'Cultura Quente' coincidindo coas súas festas patronais

Pablo Balseiro actuará o venres pola noite no Campo da Torre. CEDIDA
Pablo Balseiro actuará o venres pola noite no Campo da Torre. CEDIDA
As actividades e música en vivo contarán con quince propostas artísticas de máxima calidade
 

Coincidindo coa semana na que deberían ter lugar as festas patronais, o día 15 na parroquia de Santa María e o día 16 na de San Roque, canceladas no seu formato habitual por mor da situación sanitaria, o cartel de actividades e música en vivo refórzase nesta ocasión con ata quince propostas artísticas de máxima calidade. Todo dentro da programación de Cultura Quente, que leva dende inicios do verán facendo máis amena a vida de caldenses e visitantes, ao tempo de ofrecer proyección e poñer en valor os artistas e creacións locais.

Coa finalidade de dinamizar todos os espazos urbanos e favorecer a actividade de comercio e hostalería, nesta semana o groso dos concertos recala novamente no Campo da Torre. Os xigantes e cabezudos de Caldas de Reis que son o elemento común a todas as festas patronais dende hai décadas tampouco van faltar nesta ocasión e animarán as rúas cada mediodía, de xoves a domingo, acompañados da música do Grupo de Gaitas As Espiñas.

O groso dos concertos volta ao Campo da Torre para dinamizar os espazos urbanos e favoreer a actividade da hostelería

Dentro do ciclo Música da escola chega o cuarteto de saxofóns Hemiolia, que actuará o día 13, ás 21:30 horas no Campo da Torre. Esta agrupación está formada por mozos e mozas da zona de Caldas e Pontevedra. O seu concerto pasa tanto por interesantes estilos musicais como por adaptacións de melodías latinas ou jazz.

O venres, día 14, o Grupo de Gaitas Maquía de Godos engadirá notas de tradición e boa música ao vermú. Xa pola noite no Campo da Torre, Dj Moe actuará ás 22:00 horas como teloneiro de Pablo Balseiro que o fará ás 23:00. Este músico combina temas propios de estilos como a rumba con versións de diferentes artistas e estilos.

O sábado 15 o vermú estará amenizado polo grupo de metais Quinteto Terraza e pola noite no Campo da Torre Dj Óscar (22:00 horas) dará paso ao concerto de Musical Horizonte, un dúo especializado en música bailable.

O domingo a agrupación de música tradicional Fanfarria Furruxa acompañará o vermú a partir das 12:30 horas. E ás 20:00 chega á Carballeira de Caldas o concerto do Quinteto de Percusión da Orquestra Clásica de Vigo, dentro do programa Música no Ar.

Caldas reforza o cartel de 'Cultura Quente' coincidindo coas súas...
Comentarios