sábado. 23.01.2021 |
El tiempo
sábado. 23.01.2021
El tiempo

Caldas reparte 10.000 bolsas reutilizables nos comercios do Centro Comercial Aberto

Adornos navideños e promoción da campaña para animar ao consumo no comercio local. DP
Adornos navideños e promoción da campaña para animar ao consumo no comercio local. DP
A iniciativa forma parte da campaña Eu merco en Caldas para promover o consumo e as compras de proximidade

O Concello de Caldas de Reis e o Centro Comercial Aberto de Caldas (CCA), iniciaron o reparto de 10.000 bolsas reutilizables entre os establecementos asociados ao colectivo. A iniciativa lévase a cabo no marco da campaña para promover o consumo e as compras de proximidade Eu merco en Caldas, lema que locen as bolsas no seu deseño. O alcalde, Juan Manuel Rey, e o concelleiro de Comercio, Jacobo Pérez, fixeron a entrega simbólica do material ao presidente do CCA, Manuel Louzao.

A proposta ten un dobre obxectivo: por un lado busca incentivar e promocionar as compras no comercio da vila, favorecendo que a clientela entre nas tendas e, por outro, ten unha finalidade ambiental, pois persegue reducir o uso de bolsas de plástico que son sumamente prexudiciais para o medio ambiente. Ao mesmo tempo, a entrega das bolsas dálle a posibilidade aos establecementos de contar durante o Nadal cun material funcional e atractivo no que entregar os produtos á clientela sen que isto supoña incorrer nun gasto a maiores.

SOLIDARIEDADE. O Concello de Caldas, a través da concellería de Benestar Social e Igualdade, pon en marcha, un ano máis, a campaña solidaria de recollida alimentos por Nadal baixo a consigna únete e comparte. A iniciativa desenvólvese ata o 15 de decembro e ten o obxecto de conseguir provisións alimentarias que posteriormente serán cedidas ao Banco de Alimentos Cáritas Parroquial para a súa distribución entre as familias en situación desfavorecida.

Os lugares de recollida son os habituais, é dicir, todos os centros de ensino do municipio, as aulas do CRA, o instituto, a escola infantil Trebellos, a biblioteca, o centro ocupacional O Saiar, a Escola de Música, o Concello, o Fogar do Maior e a Praza de Abastos.

Caldas reparte 10.000 bolsas reutilizables nos comercios do Centro...
Comentarios