Caldas xa ilumina o seu Nadal con máis de 305.500 luces led

Manuel Fariña asegura que é "a decoración máis atractiva dos últimos anos"
O tenente de alcalde, Manuel Fariña xunto a un dos motivos luminosos. DP
photo_camera O tenente de alcalde, Manuel Fariña xunto a un dos motivos luminosos. DP

O Concello de Caldas vén de aceder o seu Nadal cunhas 305.500 luces led, que iluminan as festas dende o pasado mércores ata o vindeiro 6 de xaneiro. O centro urbano atópase engalanado con diferentes figuras e iconografía non relixiosa que creará unha contorna especial para toda a veciñanza e persoas visitantes, e que supón, segundo o tenente de alcalde, Manuel Fariña, "a decoración máis atractiva dos últimos anos".

O nacionalista destacou a mellora e eficacia do investimento para iluminar preto de 1.000 metros cadrados de elementos ornamentais cunha potencia de 17.304 W. A intención, asegurou, é que as rúas de Caldas estean cheas de vida e que as bolas, os arcos variados, o gran pingüín da Praza José Sexto Casal, o paraugas de luces ou o photocall situado na Praza das Palmeiras, sirvan de atractivo para gozar da vila e dinamizar o comercio.

A esta decoración sumarase tamén a iniciativa impulsada dende o Concello co Concurso de Decoración de rúas do Nadal.

Comentarios