Tres estradenses crean cinco camiños para dinamizar o rural

Laura, Mar e Lara crean a cooperativa Camiño Circular para construir proxectos de desenvolvemento sostible, saudable e solidario 
Laura e Mar, integrantes da cooperativa. PATRI FIGUEIRAS
photo_camera Laura e Mar, integrantes da cooperativa. PATRI FIGUEIRAS

Mar Blanco, Laura Tojeiro y Lara Blanco son tres mulleres da Estrada coñecedoras da contorna que decidiron facer unha cooperativa interdisciplinar chamada Camiño Circular, onde crean camiños que xeran un impacto positivo a través da colaboración con todos os axentes do territorio. Constrúen proxectos comprometidos e responsables que parten da innovación cultural e social como maneira de transmitir o rural.

O seu primero proxecto, unindo a quince productores e productoras do concello estradense, oferta cestas 100% feitas con producto local (artesano e alimentario) e que serán sorteadas pola práctica totalidade dos establecementos hosteleiros do municipio. Tamén ofrecen a opción de encargar caixas a medida con diferentes orzamentos.

En Camiño Circular suman sinerxías para dinamizar o rural a nivel social, artístico, ambiental e local. Se definen en base a cinco camiños que teñen como destino un obxectivo común: O desenvolvemento sostible, saudable e solidario do rural, das comunidades e de toda a contorna.

CAMIÑO AMBIENTAL. Facer da contorna un lugar para a educación, a reflexión e o intercambio de experiencias de desenvolvemento sostible, potenciando proxectos exemplarizantes no rural e transmitindo valores e accións para o coidado do medio.

Paseos sonoros e temáticos no rural. Divulgación de iniciativas sostibles contra o abandono do rural. Creación artística en espazos naturais. Obradoiros de concienciación ambiental. Xornadas musicais polo coidado do medio ambiente.

CAMIÑO ARTÍSTICO. Empregar música e arte para o intercambio sociocultural e a concienciación ambiental, desenvolvendo proxectos que valoran o rural como punto de inspiración artística e creación de cultura.

Clases de música no rural para tódolos públicos. Obradoiros temáticos a través das artes. Creación dunha rede de instrumentos gratuitos. Construción de instrumentos con materiais reciclados.

CAMIÑO LOCAL. Recuperar e fixar poboación mediante a innovación social, desenvolvendo de xeito alternativo os sectores económicos en regresión, poñendo en valor o tecido produtivo, o patrimonio e o turismo sostible. Servizos orientados á produción local. Recuperación e creación de rutas e lugares de interese. Dinamización de espazos públicos e negocios locais. Promoción dunha alimentación sostible. Organización de redes de intercambio local.

CAMIÑO SOCIAL. Avanzar cara unha comunidade solidaria, inclusiva, diversa e participativa, realizando actividades que promovan a conexión dos diferentes colectivos e o coñecemento das diversas realidades sociais existentes a nivel local e global.

Xornadas semanais de dinamización sociocultural contra o despoboamento. Obradoiros temáticos interxeracionais e interculturais. Rede comunitaria para o coidado de persoas maiores. Actividades para visibilizar diferentes realidades sociais. Reciclaxe integradora e compartida.

O TEU CAMIÑO. Axuda para impulsar novos camiños de intercambio, creando proxectos personalizados e adaptados aos diferentes actores e entidades colaboradoras para potenciar valores ambientais, artísticos, sociais e locais nos diferentes eidos. Deseño de actividades a medida, con elaboración, apoio e asesoramento no desenvolvemento das mesmas.

"Queremos poñer en valor o rural"
Mar Blanco, integrante da cooperativa, explica a orixe desta iniciativa: "Surxe de analizar un pouco a contorna onde vivimos, na zona da Estrada. Vimos unha serie de necesidades. Queremos poñer en valor o rural e xerar oportunidades, que xurdan novas iniciativas e entre todos poñer as ferramentas para fixar poboación e crear dinámicas que nos ofrezcan un rural apetecible".
Blanco añade que "temos que fomentar a producción de aquí aproveitando a calidade dos nosos productos e favorecendo o coidado do medio ambente. Hay que dinamizar a economía e tamén traballar na parte cultural e patrimonial, así como no ámbito social co problema da poboación envexecida"

Comentarios