Un camión perde 12.500 kg de vidros ao xirar na rotonda do Polígono Lalín 2000

Está previsto que a rúa se reabra este sábado a partir das 09.30 horas despois de que os cristais sexan retirados

Restos da carga do camión. CONCELLO DE LALÍN
photo_camera Restos da carga do camión. CONCELLO DE LALÍN

Un camión perdeu a súa carga de 12.500 kg de vidros ao xirar na rotonda do Polígono Lalín 2000. O vehículo aacidentado pertence á empresa Gagotrasn Lalín S.L

Como consecuencia o material quedou esparexido pola calzada, de maneira que foi preciso cortar un treito ao tráfico.

Está previsto que a rúa se reabra este sábado a partir das 09.30 horas despois de que os cristais sexan retirados por unha empresa que tamén se encargará da xestión dos resíduos.

Non houbo ningún ferido e os danos foron exclusivamente materiais. O concelleiro responsable de Emerxencias se Lalín, Miguel Medela, achegouse ao lugar dos feitos, de igual modo que o fixo a Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros. 

Comentarios