A CIG mobilízase na Estrada coa recuperación do SAF de Forcarei como principal demanda

Mobilización da CIG polo 1-M na Estrada. DP
photo_camera Mobilización da CIG polo 1-M na Estrada. DP

Un cento de persoas participaron este mércores na mobilización convocada pola CIG na Estrada con motivo do Primeiro de Maio. 

Unha das principais reivindicacións foi a recuperación do SAF en Forcarei –dos postos de traballo das empregadas que foron despedidas o martes e do servizo para os usuarios–

Os traballadores leron un manifesto propio e a CIG o seu na praza xunto ó Novo Mercado estradense. Houbo unha marcha polo centro da vila para esixir "traballo digno, a derrogación da reforma da lei de pensións e igualdade salarial entre homes e mulleres".

Comentarios