viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Cocido Miúdo, primeiro chanzo para a celebración da Festa do Cocido de Lalín

Un momento da xornada na que non faltaron xogos e diversión para os máis pequenos. PATRI FIGUEIRAS
Un momento da xornada na que non faltaron xogos e diversión para os máis pequenos. PATRI FIGUEIRAS
Os nenos participaron en distintos obradoiros e houbo concertos de Uxía Lambona e a Banda Molona, Os tres tenedores e Petit Pop

A espera para a celebración da Festa do Cocido de Lalín, que terá a vindeira fin de semana o seu culme cunha completa programación, fíxose este domingo un pouco máis levadeira para centos de nenos e nenas que gozaron da súa propia e especial cita co Cocido Miúdo.

Esta celebración baixo carpa que inclúe obradoiros, actividades e tamén música, gozou dunha ampla participación, sobre todo na xornada de tarde.

A festa propiamente dita deu comezo ás 11.00 horas con xogos populares para toda a familia nos que puideron lucirse os máis afeccionados ás manualidades.

Posteriormente, ás 12.00 desenvolveuse un taller de elaboración de xoguetes sonoros e ás 13.00 horas, para completar a quenda de mañá celebrouse o concerto de Uxía Lambona e a banda molona.

Unha vez feita a pertinente interrupción para comer, os que quixeron puideron incorporarse de novo ás 17.00 horas, momento no que daba inicio a actuación de Os tres tenedores.

Unha vez superado o concerto no que máis se podía unir a gastronomía coa música infantil, ás 18.00 foi o momento de participar no taller Argallando ou meu cocido, e ás 19.00 horas como colofón Petit Pop deu a despedida ao evento.

Na xornada, ademais de diversión participativa e música, os pequenos asistentes tiveron ocasión de gozar dunha chocolatada gratuíta durante os talleres e actuacións. A seguinte cita desta emblemática festa será a Gala do Cocido, a celebrar o día 14 no Lalín Arena, cun cartel de artistas entre os que estarán Luz Casal, Efecto Mariposa, o compostelano Roi Méndez e Ricky Merino (de OT 2017), así como Soraya Arnelas e Carlos Jean.

Cocido Miúdo, primeiro chanzo para a celebración da Festa do Cocido...
Comentarios