miércoles. 20.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.10.2021
El tiempo

Comeza a negociación da RPT no Concello de Silleda

undefined
Mesa de negociación da RPT en Silleda, este martes. CEDIDA
O alcalde subliñou que este traballo recollerá salarios máis idóneos

Despois de varios meses de traballo, arrancou a mesa de negociación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Silleda. O documento, elaborado por persoal municipal, entregouse hai varios días aos representantes sindicais para iniciar a negociación e este martes celebrouse no salón de plenos a primeira dunha serie de reunións para chegar a acordos.

O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Persoal, Pili Peón, participaron xunto cos técnicos municipais no encontro ao que asistiron representantes dos sindicatos CSIF, CC.OO., UGT e CIG.

"Levounos un largo treito chegar ata aquí e queremos abrir unha negociación serena e con tranquilidade", indicou Cuiña sinalando que dende o Goberno municipal se tratará de aprobar unha RPT co máximo consenso.

O rexedor, que fixo unha mención especial ao responsable do departamento de Intervención polo seu traballo no documento, pese a non ser competencia estricta das súas funcións, remarcou que se trata "dun traballo con perspectivas de futuro, para equilibrar a plantilla, con salarios máis idóneos e un relación de postos que se adecue ás necesidades deste Concello".

Por parte dos sindicatos solicitouse no encontro máis documentación para avanzar nunha primeira fase na valoración de postos, antes de entrar a negociar as cuestións salariais. O rexedor apelou tamén á súa colaboración á hora de detectar posibles apreciacións ou erros nas fichas dos postos. Así as cousas, e tras as intervencións de todos os sindicatos, acordouse abrir un prazo para que o representantes sindicais aporten as súas propostas e apreciacións ata o vindeiro 30 de setembro, quedando emprazados para un segundo encontro o vindeiro 6 de outubro.

"Agradecemos todas as aportacións se fagan e que serán estudiadas para a negociación do documento", indicou o rexedor. O alcalde agradece a colaboración dos representantes sindicais e da plantilla nun proceso moi agardado no Concello de Silleda logo de varios intentos fallidos nos últimos anos por sacar adiante o documento.

Comeza a negociación da RPT no Concello de Silleda
Comentarios
ç