sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

Valga agasalla unha nova veciña centenaria cunha placa conmemorativa

Tarta con velas
Josefina Rodríguez, residente no Carballiño, fixo hai uns días os cen anos ► Con ela, Valga conta con catro persoas que superan o século de vida

Valga conta dende hai uns días cunha nova veciña centenaria, Josefina Rodríguez Touceda, residente no Carballiño.

O pasado 11 de setembro fixo 100 anos e, con ese motivo, recibiu a visita da concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, que a felicitou en representación do goberno municipal e lle fixo entrega dunha placa conmemorativa coa lenda "O Concello de Valga a Josefina Rodríguez Touceda no día do seu 100 aniversario".

Valga conta nestes momentos con catro veciños que superan o século de vida. A muller máis lonxeva é María Bouzas Senín, de Cerneira, que cumpriu en xullo 105 anos. Hipólito Cerqueiras Pardal, de Moldes, e Regina Grela Fernández, de Campaña, cumpriron os 101 tamén neste verán.

Valga agasalla unha nova veciña centenaria cunha placa conmemorativa
Comentarios
ç