jueves. 04.06.2020 |
El tiempo
jueves. 04.06.2020
El tiempo

O Concello cede un local a Cogami situado na Casa Consistorial

Firma do convenio entre o alcalde e membros de Cogami, este mércores. CEDIDA
Firma do convenio entre o alcalde e membros de Cogami, este mércores. CEDIDA
O espazo servirá como punto de información, asesoramento e como centro de formación para persoas con discapacidade

O Concello de Lalín vén de subscribir un convenio coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), aprobado pola Xunta de Goberno Local o 3 de febreiro de 2020, polo que se lle ceden a Cogami as instalacións municipais de xeito gratuíto e por catro anos para localizar un punto de información, asesoramento e espazo formativo desde o que desenvolver as actividades vinculadas ao Servizo de Intermediación, Orientación e Prospección de Emprego (SIL) dirixidas a persoas con discapacidade.

O acordo foi asinado este mércores polo alcalde, José Crespo, e polo vicepresidente de Cogami, Ramón Sestayo, en presenza da tenente de alcalde, Paz Pérez Asorey.

Este punto de información que estará emprazado na segunda planta, en Servizos Sociais, xa se estaba prestando desde outubro, se ben agora con este convenio trátase de regulamentar e oficializar esta colaboración. O espazo, atendido pola orientadora Mónica Luaña, seguirase prestando o primeiro e o terceiro luns de cada mes, en horario de mañá.

Poderán ser atendidas por Cogami aquelas persoas que teñan recoñecido como mínimo un 33% de discapacidade ou incapacidade laboral. Para pedir cita o propio usuario poderá achegarse ata o punto de atención no Concello, onde se lle dará vez ou se atenderá en función da disponibilidade dese momento, explica o Concello, "se ben o máis operativo é pedir cita previa no Servizo de Intermediación de Cogami, no 986 863 709, ou solicitar cita previa por correo electrónico a [email protected]", puntualiza.

Tamén no marco deste convenio está previsto desenvolver do 21 de abril ao 26 de maio un curso de formación sobre Informática Básica que se impartirá na Aula Cemit de Lalín os luns e os martes de 9.00 a 14.00 horas.

O Concello cede un local a Cogami situado na Casa Consistorial
Comentarios