martes. 26.01.2021 |
El tiempo
martes. 26.01.2021
El tiempo

O Concello comeza a desenvolver o programa ‘Lalín Coida'

No programa participan profesionais da psicoloxía e educadoras sociais. CEDIDA
No programa participan profesionais da psicoloxía e educadoras sociais. CEDIDA
Está dirixido a persoas coidadoras sobrecargadas, dependentes, vítimas de violencia de xénero e mulleres vulnerables

O Concello de Lalín, a través das Concellerías de Política Social e de Igualdade e Muller, iniciou onte o programa Lalín Coida, que ten como obxecto a realización de actuacións para o coidado de persoas coidadoras sobrecargadas, persoas dependentes e mulleres vulnerables e vítimas de violencia de xénero. Este programa realízase ao abeiro dunha subvención da Deputación de 9.200 euros no marco da convocatoria de axudas extraordinarias dirixidas a concellos de menos de 50.000 habitantes para a prestación de actividades de apoio ás familias para facerlle fronte ao impacto da Covid-19 durante o ano 2020, desde a estratexia local para a igualdade de oportunidades de homes e mulleres.

O programa desenvolverá dúas liñas de actuación. A primeira é a realización dun programa de conciliación e respiro familiar mediante a creación de itinerarios corresponsables para as persoas dependentes a cargo dos coidadores. Está dirixido a 15 familias con persoas con dependencia e os seus coidadores e consiste en sesións individualizadas nas que se achegarán medidas de conciliación para persoas coidadoras sobrecargadas.

A segunda liña de actuación é o programa de coidados a mulleres vulnerables e vítimas de violencia de xénero. Tomarán parte 15 usuarias para analizar e achegar solucións de conciliación e xestión do estrés ante a pandemia. Abranguerá entrevistas individualizadas para poder traballar cada caso familiar.

O Concello comeza a desenvolver o programa ‘Lalín Coida'
Comentarios